Site icon Crónica3.com A Mariña

A lingua galega mola

premio-lingua-galega“A lingua galega mola” é o lema gañador do Concurso de carteis a prol da lingua que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organizou este verán para promocionar o uso da lingua galega na mocidade mariñá. Os participantes, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos, debían realizar un deseño gráfico orixinal e un breve comentario en galego a prol da lingua, onde se valoraríase a orixinalidade e a creatividade dos debuxos e dos seus comentarios, independentemente da súa perfección técnica. Ademais do debuxo gañador, de Saúl de oito anos e do Concello de Barreiros, seleccionáronse outros para confeccionar carteis e marcapáxinas que serán repartidos pola técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade e polos alcaldes polos colexios da Mariña Lucense nos vindeiros días. Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización do Servizo de Normalización Lingüística coa finalidade de promocionar o o uso da lingua galega na comarca mariñá.

Exit mobile version