En relación coa difícil situación que nos estamos encontrando nos portos co número tan elevado de buques da Flota dos 300 e de Menores de 100 TRB amarrados e sen autorización para faenar, dende a ORGANIZACIÓN DE PRODUCTORES PESQUEIROS DE LUGO queremos deixar constancia da nosa preocupación polos graves prexuízos económicos que este feito acarrea.
E é que cada un dos barcos amarrados supón arredor de 15 postos de trabalo directos, máis os que se xeran en terra, entre lonxas, exportadores, etc. polo que nunha zona tan altamente dependente da pesca como é A Mariña é evidente o grave dano que nos pode facer.
E isto é máis grave cando a situación do recurso que xera estes amarres, a pescada, está no seus mellores momentos, cunha recomendación de ICES que suporía aumentar ata en case un 50% a cota para o ano que ven. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo xa no mes de xuño se dirixiu á Secretaría General de Pesca para solicitar que parte deste incremento de cota se aplicase xa en 2013, e en consecuencia, foi no Consello de Ministros da UE que o Ministro Arias Cañete solicitou formalmente este incremento, que agora se mostra como imprescindible.
Por outro lado, queremos manifestar o noso malestar ante o feito de que se denegara autorización a buques que dispoñen aínda de cotas de outras especies ou noutras zonas, cando a normativa vixente so prevé o peche da peixería da especie esgotada.
Desde a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo aplaudimos que la UE propuxera o incremento da cota de pescada para este ano 2013 (aínda que pensamos que habería motivos para un incremento maior); pero, por outro lado, solicitamos que a Secretaría General de Pesca autorice a faenar aos buques que teñan cotas dispoñibles, simplemente coa prohibición de capturar as especies que teñen esgotadas.