Site icon Crónica3.com A Mariña

A orquestra mindoniense Melodías actuará o sábado 19 na praza da Catedral no marco das San Lucas

concertoMondoñedo, 4 de outubro. A Orquestra mindoniense Melodías actuará nas Festas e Feiras das San Lucas de Mondoñedo 2013. A cita será o sábado día 19 ás 21:00 horas na Praza da Catedral. Nesta ocasión actuará como vocalista o cantante mindoniense Fabián Pardo.

Alá polo verán do ano 2012 un grupo de mozos e mozas das Mariña, con inquietudes musicais, decidiron montar unha Orquestra imitando a grupos locais que xa fixeron historia como Manhattan, Ritmo, Manolo Araújo, Royalty ou Melodías Jazz.

Este grupo musical está composto por 16 mozos; 4 saxofóns, 3 trompetas, 1 trombón, 2 percusión, 1 piano e 3 vocalistas. Os músicos proceden maioritariamente da cidade episcopal, aínda que hai rapaces de Vilanova e Ribadeo, a maior parte deles formouse na escola de musica de Mondoñedo onde tamén son membros da banda de música. Durante este verán xa triunfaron coas súas actuacións nas Festas do Carmen e de Viloalle de Mondoñedo, no San Roque de Ribadeo ou no San Bartolo.

No seu repertorio hai musica latina, canción española, pasodobres e versións de clásicos do jazz, entre outros.

Exit mobile version