Site icon Crónica3.com A Mariña

A pesca, novo tema do colectivo Pensamento e Sementeira

O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA dedicará un dos seus vindeiros actos informativos á situación da pesca. A actividade contará coa participación dunha persoa experta no sector pesqueiro galego. Continúa así este colectivo sociocultural a programar charlas sobre temas de actualidade, xa que recén organizou actos sobre a crise e as estafas financieiras e sobre a nova lei de educación. Considera o Colectivo que a situación actual do sector pesqueiro na Galiza xustifica o tratamento deste tema en Viveiro.

Exit mobile version