Site icon Crónica3.com A Mariña

A Presidenta da Asociación Bágoas da Terra recibe a Insignia de Honra da Asociación Provincial de Coros e Danzas da Coruña

Este xoves 24 de outubro a Presidenta da Asociación Bágoas da Terra recibeu unha carta da Asociación Provincial de Coros e Danzas EIDOS de A Coruña na que se comunicaba o seguinte:

A Xunta Directiva da Asociación Provincial de Coros e Danzas EIDOS decidiu na súa Reunión do día 10 de outubro de 2013, proceder á concesión das Insignias de Honra que cada ano outorga.

Estas insignias, cuxos criterios de concesión foron aprobados no seu momento pola Xunta Directiva, foron instituídas para distinguir, dunha maneira especial, a todas as persoas ou entidades que, dende a propia asociación ou dende fóra dela, veñen traballando desinteresadamente para a consecución duns fins e obxectivos común: a salvagarda da nosa cultura tradicional e, como consecuencia, da nosa identidade.

De acordo cos mencionados criterios de concesión, tomouse o acordó unánime de outorgar a María del Carmen López Gómez a Insignia de Honra na súa categoría de Prata

“Pola súa labor de investigación, promoción e difusión da cultura galega e do resto do mundo coma Presidenta da Asociación Cultural e xuvenil Bágoas da Terra e coma Directora da Mostra Folklórica Internacional de Viveiro”

“Pola súa dedicación ao mantemento, promoción e engrandecemento da Semana Santa de Viveiro coma Irmá Maior da Irmandade de mulleres da Santa Cruz e voceira da Xunta de Cofradías de Viveiro”

A entrega da insignia terá lugar nun xantar o vindeiro 24 de novembro, domingo, no Hotel Hespeira Finisterre da Coruña.

Exit mobile version