Site icon Crónica3.com A Mariña

A XXV Tirada de Bolos de Xove comezou en Lago con 34 inscritos

A primeira tirada da XXV Liga de Bolos Concello de Xove celebrouse o sábado 5 de outubro en Lago cunha participación de 34 inscritos: 18 na liga sénior, 10 na sub-16 e 6 na feminina.

Nunha tarde espléndida e cun campo en perfectas condicións, Jordi Meitín fíxose coa vitoria na categoría sénior, seguido de José Rafael e Francisco Pérez. Salientamos nesta categoría, o mesmo cas outras, o alto nivel amosado por tódolos xogadores, sen dúbida froito do entreno, xa que a maioría dos xogadores agora compiten a maioría do ano, xa que cando remata a liga municipal xogan co Club de Bolos Xove distintas competición pola Provincia e por toda Galicia.

Liga Sénior Feminina
Vitoria de Dolores Baño, unha das favoritas, seguida de Salomé Bermúdez e Concepción Piñeiro. Agrádanos moito esa segunda posición de Salomé, quen, despois dunha lesión de brazo de varios meses, polo que se ve, está totalmente recuperada.

Liga Sub 16
Nesta liga os tres favoritos acadaron as primeiras posicións, con victoria de Isaías Cardoso. A ver se este é o ano de Isaías, xa que tanto Salomé coma Daniel xa inscribiron o seu nome coma campións desta Liga.

Nesta tempada, e co fin de igualar un pouco as posibilidades, tendo en conta as diferenzas de idade, a tódolos xogadores de 14 anos ou menos, váiselles permitir a “cucada”, non esixíndolles que cheguen a bola á línea do 8. Esperemos que grazas a esta medida, xusta por outra banda, as novas incorporacións poidan plantexarlle unha certa pelexa aos favoritos.

CAMPIONATO DE BOLOS DO  CENTRO SOCIAL DE LAGO   (5 OUTUBRO DE  2013)

  34  INSCRITOS: 18  NA LIGA SENIOR,     10 NA LIGA SUB 18   E     6  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIÓN       NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO JORDI MEITÍN SERANTES

277

12

SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

276

10

TERCEIRO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

256

8

CUARTO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

245

7

QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

236

6

SEXTO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ

234

5

SÉTIMO JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

231

4

OITAVO AURIO FOLGUEIRA IGLESIAS

226

3

NOVENO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

225

2

DÉCIMO CÉSAR LÓPEZ CANCELOS

208

1

MELLOR BOLADA FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

88

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

134

6

SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

134

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

117

3

CUARTO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

103

2

QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO

91

1

MELLOR BOLADA ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

47

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA

157

6

SEGUNDO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

154

4

TERCEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

129

3

CUARTO BELÉN MEITÍN ROUCO

126

2

QUINTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ

30

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ BERMUDEZ BEN

56

1

A vindeira tirada vai ter lugar no CLUB PALMEIRO, o vindeiro sábado 12 de outubro de 2013.

Exit mobile version