Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA fai unha valoración positiva da concentración celebrada este luns en Ribadeo en contra dos cortes de luz

Ribadeo, 29 de outubro de 2013. A directiva de ACISA fai unha valoración positiva da concentración celebrada na noite deste luns nas inmediacións da praza de abastos. A mobilización foi convocada en contra dos continuos cortes de luz que sofre Ribadeo e para demandar un servizo eléctrico digno.

Un centenar de persoas acudiron á chamada de ACISA: “nos hubiese gustado que fuésemos más, pero no estuvo mal. Había comerciantes, hosteleros, empresarios y vecinos y vecinas anónimas que quisieron apoyarnos con su presencia. También acudieron el alcalde de Ribadeo y varios concejales de la Corporación Municipal además de representantes de varias formaciones políticas locales”. Cento dez personas asinaron onte o escrito que ACISA enviará á Consellería de Industria dentro duns días. Durante esta semana tanto nos locais da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos como en varios establecementos asociados os que o desexen poderán seguir firmando.

ACISA demanda, entre outras cosas, que a Xunta solicite á distribuidora Begasa toda a información necesaria relativa aos índices TIEPI e NIEPI co fin de poder avaliar se se están cumprindo a calidade do subministro individual e a calidade zonal no municipio de Ribadeo. O colectivo tamén quere saber se Ribadeo está considerada zona na que temporalmente Begasa teña dificultades para o mantenemento da calidade esixible, “y de ser así solicitamos saber si existe un programa de actuación temporal que permita la corrección de las causas que lo originan”.

A directiva de ACISA destaca que “la unión hace la fuerza, de ahí que sea muy importante que todas aquellas personas, asociadas o nosotros o no, que quieran denunciar la situación y la problemática que sufrimos con asiduidad con los cortes de luz que acudan a firmar estos días”.

Exit mobile version