Site icon Crónica3.com A Mariña

Almudena Puente, outro reforzo para o Lourenzá Ensino

almudena puenteAlmudena Puente poderá debutar esta semana no equipo de Nacional de Juan Nécega. Esta pívot, formada nas categorías inferiores do Ensino participou durante dúas temporadas en Liga Feminina-2 co Maquinaria Durán Ensino e o ano pasado xogou en Nacional con Maristas Coruña. Esta xogadora reforzará sen dúbida o xogo interior do equipo, algo que buscaba o técnico Juan Nécega.

Así pois xunto con Almudena estarán este vindeiro domingo no Municipal de Lourenzá abrindo a liga as xogadoras sub-23 que estean vinculadas ó equipo de Liga Feminina: Sara Cuíña, Rocío Varela e a santanderina Tamara Montero. Ademais estarán a disposición de Juan Nécega Andrea Meilán, Marly Varela, Sabela Uriz e Marta García que xa adestran esperando o debut do 5 de outubro diante do Universidade de Salamanca xunto coas júnior de Liga Galega que tamén terán minutos en Nacional.

A plantilla non se da por pechada de momento, esperando algún reforzo se xurde a oportunidade.

Exit mobile version