Site icon Crónica3.com A Mariña

Alonso lémbralle ao PSOE de Cervo que a Xunta é a única administración que subvenciona a Maruxaina

Cervo, 28 de outubro de 2013-A edil de Turismo, Begoña Alonso, comparou este luns o apoio da Xunta de Galicia á Maruxaina, de 3.500 euros, co da Deputación, de 0 euros. Alonso lembroulle así ao PSOE de Cervo que o Goberno autonómico é o único que subvenciona esta festa de Interese Turístico Galego.

A edil fixo estas declaracións uns días despois de que a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, estivese en Cervo anunciando a concesión de 3.500 euros para a Maruxaina, ademais doutras medidas. “Desde el Concello de Cervo no teníamos ninguna duda de que la Xunta iba a otorgarnos esa ayuda, ya que tal y como consta en la convocatoria, se trata de subvenciones de concurrencia no competitiva” explica Alonso. Pero, tal e como asegura a edil, o PSOE pasou varios meses dicindo que a Maruxaina non iba recibir subvención, o que demostra que “no debieron leer o entender la orden de la convocatoria”. E ademais, “si tanto les preocupaba que la Maruxaina tuviera una subvención, podían recurrir a la Diputación, y a su vicepresidenta, que a la vez es concejala de Cervo y vecina de San Ciprián”.

Neste sentido a responsable de Turismo quixo lembrarlles aos socialistas o reto lanzado no mes de agosto ao PSOE de Cervo para que conseguise que a Deputación igualase as axudas da Xunta ás festas de Interese Turístico Galego de Cervo. “Tienen hasta el 30 de octubre para conseguir ese objetivo” asegura Alonso, o mesmo día que remata o prazo para presentar solicitudes ás axudas da Xunta.

Alonso reitera: “Cervo ya tiene 3.500 euros confirmados de la Xunta para la Maruxaina, ahora sólo queda que el PSOE cumpla con su parte y consiga el mismo importe de la Diputación”.

A responsable de Turismo quixo agradecer publicamente á Xunta de Galicia “su implicación con la Maruxaina, pero también con las demás fiestas de Interese Turístico Galego de Cervo, como son el Erizo y la Queimada y en general con todas las celebraciones de Galicia que tienen esta distinción”.

Exit mobile version