Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos e alumnas transportadas do CEIP de Cervo non asisten a clase en horario de tarde ao perder o dereito ao comedor escolar gratuíto

Cervo a 1 de outubro de 2013. Comunicado de nais e pais afectados pola perdida do dereito gratuíto a comedor escolar dos alumnos e alumnas transportados/as.

Alumnos e alumnas transportados do Ceip de Cervo, desde o dia 1 non asisten a clase pola tarde, ao perder o dereito ao comedor escolar gratuíto.

Recollidos polos pais ou nais ao finalizar a xornada de mañá (13.30h), por non contar co comedor escolar gratuíto,non acoden a escola pola tarde para completar a súa xornada escolar por falta de tempo para incorporarse ás tres (15h), inicio da xornada de tarde.

Outros pais, sen alternativa, vense obrigados a pagar o comedor ao non poder recoller a seus fillos a mediodia, e ao non ter resposta por parte da administración educativa aos escritos remitidos , (presentados desde o día 2 de setembro) solicitando unha solución a situación xerada polo Decreto de Comedores aprobado no mes de agosto e aplicado no inicio de curso.

Hai casos de nenos que suman nos catro desprazamentos diarios 120 minutos, como sucede cos residentes na parroquia de Rua (Cervo), algo inadmisible para que un menor teña dereito a escolarización.

Consideramos que este decreto, eliminando o dereito de comedor escolar gratuíto a nenos e nenas que por distancia necesitan este servizo, pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades,vulnera o dereito a educación e o deber de escolarización, , penaliza a poboación do medio rural., e favorece o conflicto entre a comunidade escolar.

A incorporación do criterio de conciliación, que nós entendemos necesario, non pode implementarse a costa do criterio de distancia, a solidariedade non se está dando, cando hai moitos nenos e nenas con poucos recursos no ámbito urbano que non teñen comedor aínda con este decreto, e as prazas que se amplían en comedores escolares é a través do pagamento do servizo, e algo ben perverso, aos do rural trócannos un dereito pola caridade, nos casos de subvencionados por rendas baixas.

Exit mobile version