Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana, Ainara, Iria e Fernando suben ó podio na Popular do Corgo

Na IV edición da Popular do Corgo disputada este pasado domingo 20 os rapaces das Escolas volveron a ser protagonistas.

Na carreira onde se reunía a élite provincial, na categoría alevín feminina, impoñíase Ana Vallines (6:50) seguida moi de preto pola súa compañeira Ainara Rguez(6:53), demostrando ambas estar nun momento de forma asombroso. Ademais, Iria Rodrígeuz subía ó caixón como 2ª clasificada en prebenxamíns e Fernando Vallines alcanzaba o terceiro posto en benxamín masculino.

Tamén os nosos veteranos estiveron representados por Marcos Rodríguez e Marisa Ares. Marcos rematou 9º da xeral cun tempo de 20:20 e Marisa alcanzaba a 5ª posición da categoría feminina.

A vindeira fin de semana a sección de atletismo seguirá en activo. Jose Díaz, Aarón Rivas e Martín Pardiñas participarán na tradicional pedestre de Santiago de Compostela o domingo día 27 de octubre, e o resto da sección estará en Xove na carreira que organiza o C.N. Xove con fins solidarios.

Exit mobile version