Antoñito recibiu a noticia o venres pola noite despois a vitoria na pista do Ribera Navarra (2-6): “Foi unha gran sorpresa” asegurou o ala burelista moi ilusionado, que valorou a chamada de Venancio López como “o mellor premio a todos estes anos dedicados ao fútbol sala, nos que a miña familia, especialmente meu pai, sempre me arroupou e acompañado”. Con dúas participacións coa Selección Sub-21, o madrileño, que chegou este verán á Mariña procedente do Caja Segovia, debuta na Absoluta a punto de cumprir os 23 anos.
Despois do partido deste luns, a localidade de Loulé acollerá o martes o segundo amigable.