Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro salienta que os máis de 180.000 euros que reciben os concellos da Mariña servirán para impulsar as iniciativas de promoción da Igualdade

A mariña lucense, 5 de outubro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, José Manuel Balseiro salientou este sábado que os máis de 180.000 euros que recibirán da Xunta varios concellos da Mariña servirán para impulsar iniciativas de promoción da igualdade e fomentar a conciliación

O deputado explicou que o Diario Oficial de Galicia publicou no día de onte a relación de beneficiarios e os recursos económicos que o Goberno galego destina para diversos programas de prevención da violencia de xénero e fomento da conciliación

 

CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER

De feito entre as axudas aparecen os apoios aos Centros de Información á Muller (CIMs) de Burela, Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro, con recursos específicos para os programas de asesoramento xurídico e psicolóxico, en especial, para posibles vítimas en casos de violencia de xénero.

Concello de Burela

45.000,00

Concello de Mondoñedo

29.212,39

Concello de Ribadeo

43.375,04 €

Concello de Viveiro

34.650,00

152.237,43 €

 

Ademais do traballo dos CIMs e as iniciativas de promoción da igualdade, a Xunta tamén apoia ao asociacionismo feminino, ou actuacións como a elaboración dos plans municipais de igualdade, a apertura dos centros educativos fóra do horario escolar ou outras medidas de conciliación.

Solicitante Actuación

Importe concesión

Concello de Burela Aula Junior

6.222,21 €

Concello de Cervo Elaboración do II PIOM

3.062,00 €

Concello de Mondoñedo Elaboración do IV PIOM 2013-2016

450,00 €

Concello de Ribadeo Elaboración II PIOM

1.000,00 €

Concello de Viveiro Elaboración do III PIOM

490,00 €

Concello de Xove Elaboración do III PIOM

285,09 €

Concello do Vicedo Contacontos da Igualdade

314,32 €

11.823,62 €

Solicitante Concepto

Importe concesión

Concello de Alfoz Apertura do CEIP fóra do horario lectivo

8.162,18 €

Concello de Ribadeo Ribadeo unha vila para a conciliación

3.800,00 €

Concello do Valadouro Programa apertura do CEIP Santa María do Valadouro

4.328,77 €

16.290,95 €

O deputado popular quixo poñer en valor a importancia da cooperación entre a Xunta e os concellos para traballar a prol da igualdade e rematar con calquera tipo de discriminación.

Exit mobile version