Site icon Crónica3.com A Mariña

Blanco: “O Goberno do PP está lanzando a ofensiva máis reaccionaria e consevadora da democracia para desmontar o Esto do Benestar”

blanco e varelaLugo, 10 de outubro de 2013.- O deputado socialista por Lugo, José Blanco, acompañado do senador, Ricardo Varela, denunciaron este mércores que o Goberno do PP “está lanzando a ofensiva máis reaccionaria e conservadora da democracia para desmontar o estado do benestar”, utilizando a “escusa da crise” para cargarlle a traballadores e pensionistas os seus custes, nunha ofensiva que “nin Aznar se atreveu” a facer.

Deste xeito, Blanco asegurou que os presupostos do estado son a plasmación desa política reaccionaria pois “en vez de atacar a crise, atacan aos cidadáns” e supoñen un recorte sen parangón “na igualdade de oportunidades”. “Para o PP, o que ten, pódeo todo. E o que non ten, irá de mal en peor”.

Segundo expuxo, con estes presupostos destrúese emprego, mentres se recorta o investimento público; báixanse os salarios, mentres se aumenta a carga fiscal; báixanse as pensións, mentres se recortan prestacións como sanidade ou medicamentos; e conxélanse os salarios, mentres non se cubren as prazas vacantes de profesores ou persoal sanitario.

“A España do PP é un país vido a menos, sobre todo, en igualdade de oportunidades, na que nunca creu a dereita”, como o proba que desde que volveu ao Goberno, recortou un 30% o presposto de servizos sociais, un 44% o de fomento do emprego, un 25% o de educación e un 10% o de sanidade”

“O que aumenta con Rajoy é o paro, os impostos, a desigualdade, as listas de espera, as deudas e a emigración”, sinalou, para denunciar que o PP prometeu baixadas de impostos, pero subiunos todos, desde o IRPF ou o IVA, ata os medicamentos ou a luz”. De feito, aseverou que esas subas van suponer que o ano próximo cada fogar galego e lucense terá que pagar uns 1.400 euros máis por eses incrementos nos impostos.

Pensións
Segundo o deputado socialista, “coa reforma imposta polo Goberno” en materia de pensións, o “peor da crise empeza agora”. Así, incidiu en que o próximo ano, cada pensionista vai perder un 1,25% de poder adquisitivo, o que suporá a cada pensionista galego e lucense uns 127 euros menos no seu peto.
Será o primeiro paso no “empobrecemento” dos pensionistas pois con esa reforma, nos vindeiros anos os pensionistas van perder arredor dun 16% de poder adquisitivo, o que contrapuxo co 26% gañado durante o último período de goberno do PSOE. Isto traduciráse en que a reforma lles vai costar aos pensionistas galegos máis de 5.000 millóns de euros, e aos lucenses, arredor de mil millóns, o que en media imporá un recorte de entre 6.2000 e 7.000 euros a cada xubilado.

Blanco tildou de “ameaza” ao Goberno de Rajoy para os pensionistas, pois estes recortes véñense sumar aos xa realizados coa exclusión de máis de 400 medicamentos do financiamento público, a laminación das axudas á dependencia, ou a instauración do copago en fármacos e próteses.

“Esa é a política social de Rajoy, a que ataca aos indefensos”, remachou.

No tocante ás becas e axudas ao estudo, o deputado socialista incidiu en que a política da dereita xa provocou que neste curso houbera uns 30.000 alumnos galegos que non puideron obtela, ou que as taxas universitarias subirán un 22% ou que se endureceran os criterios para acceder a elas. Por iso, acusou ao Goberno de perpetrar “o maior ataque á igualdade de oportunidades”.

Presupostos
Con respecto aos presupostos, acusou ao Goberno de practicar “trucos contables” pois cando “ten que pintar diñeiro, recorre ás empresas públicas, porque non computan en déficit. Pero cando hai que executar o presuposto, non o fai porque tenría que incurrir en débeda”.

Precisamente por iso, puxo en cuestión que poida cumprirse o prazo de 2018 para o AVE a Galicia pois este ano, a través dos presupostos, o Goberno recoñeceu que executará 150 millóns menos do presupostado. Todo o cal o lexou a expor o seu temor a que o Goberno teña tomado a decisión de realizar “a entrada do AVE a Galicia en vía única”, condeando á comunidade a “unha alta velocidade de segunda”.

Con respecto a Lugo, afirmou que os presupostos son “moi graves” e “preocupantes” porque “ano tras ano diminúe a inversión” e porque o Goberno non incluiu ninguna patida para contratar o tramo que falta da Autovía Lugo-Santiago. A este respecto, sinalou que a política socialistas estivo destinada a “facer irreversibles” os grandes proxectos da provincia, como a propia autovía, da que se contratou todo salvo ese treito.

Precisamente, e con respecto ao AVE, lembrou que o Goberno socialista cmabiou os proxectos para que Lugo contara cunha conexión de alta velocidade real e impulsou actuacións como a Variante da Pobra de San Xiao. Sen embargo, acusou ao Goberno de non investisr neste proxecto porque “non o vai facer” como tampouco “vai facer a estación intermodal”.

Finalmente, pediulle ao PP “un mínimo de obxectividade” porque cando gobernaba o PSOE e se investían 325 millóns en 2010 os presupostos lles parecían moi malos e agora, con 125 millóns lles parecen magníficos.

“Uns Orzamentos que cargan a saída da crise no lombo dos máis débiles”
Pola súa banda, Ricardo Varela, subliñou que son uns Orzamentos “que cargan a saída da crise no lombo dos máis débiles do noso país, que son as clases medias, os pensionistas e os asalariados de rendas medias”. Neste senso, engadiu que “non plantexan unha saída como un esforzo colectivo e solidario. Non hai nin unha soa medida do Goberno nestes anos que danase os intereses dos máis fortes do noso país”. Por tanto, destacou Varela, “son uns Orzamentos que van seguir destruíndo o emprego neto, que van a seguir baixando os salarios –xa temos perdido o 15% do poder adquisitivo neste eido-, van a seguir devaluando as pensións, de novo conxelan os soldos de case 3 millóns de empregados públicos… É dicir, son uns Orzamentos para o castigo e non para a recuperación”.

“O PP maquillou os datos do paro de agosto”
Coñecidos os datos do paro, segundo os cales Lugo é a provincia de Galicia na que máis subiu o desemprego no mes de setembro (un 2,2% -569 persoas-), o senador lucense subliñou que “isto demostra que o Goberno maquillou os datos reais da evolución económica do mes de agosto. Non se correspondían coa realidade. Hoxe aparecen os de setembro, 335.686 baixas na Seguridade Social. Tanto o Sr. Rajoy como a Sra. Ministra de Emprego e o Sr. Ministro de Facenda enganaron os cidadáns nese momento poque lles interesaba dicir que comezaban a aparecer brotes verdes”.

Exit mobile version