Despois da boa acollida que tivo a primeira proxección do do ciclo, o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA segue co programa de cine euroárabe. O vindeiro mércores 16 proxéctase o documental “Bromas aparte” da directora francesa Vanessa Rousselot que percorreu Cisxordania na percura do humor palestino. A película dura 54 minutos e será proxectada en versión orixinal no salón de actos do IES María Sarmiento, ás 20:30 horas. A entrada é de balde até completar o aforo do salón.