Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela estará presente na Feira Expomar que se celebra en Cabo Verde entre este venres o 27 de outubro

Burela, 24 de outubro de 2013. Este venres abre as súas portas a Feira Expomar Cabo Verde. A Xunta e Burela estarán presentes nesta cita para estreitar os lazos pesqueiros e socioeconómicos entre ambas zonas.

Ata o país africano viaxou a xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez Luengo, “que está alí para axudar en todo o que se poida”, segundo explicou este mediodía o alcalde de Burela, José Mª González Barcia. O rexedor lembrou as xuntanzas preparatorias mantidas nos últimos meses, algunha delas no Concello burelés, para poder materializar a participación de Burela e de Galicia nesta feira “co obxectivo de estreitar relacións pesqueiras comerciais e socioeconómicas entre Cabo Verde e Galicia”.

A Feira Expomar Cabo Verde terá lugar desde este venres ata o domingo 27 de outubro.

Exit mobile version