Site icon Crónica3.com A Mariña

Camiño Norte

A mindoniense Asociación “Abrindo Camiño”, que lidera Luis F.Ansedes, desenvolve un meritorio labor a prol da difusión e promoción do Camiño Norte de Santiago, con especial incidencia no seu paso pola nosa bisbarra. Neste sentido ven facendo sinalados esforzos reivindicando que no trazado oficial do mesmo figure como alternativa o desvío por San Martiño de Mondoñedo. Non deixa de sorprender que lugar tan carismático e de tan outo significado dende a perspectiva histórica e cultural, con documentados precedentes da existencia en tempos de hospital de peregrinos quedase á marxe, mesmo á beira do itinerario que os responsables do trazado no seu día marcaron. A inclusión no roteiro non viría senon a enriquecer éste, ó facilitar ós camiñantes a oportunidade de coñecer e contemplar tan singular monumento.Naturalmente esta iniciativa de “Abrindo Camiño”, necesita da solidaridade e o apoio da sociedade, comezando polos que ostentan a súa representación; ou sexa os concellos, cuxos responsables ás veces falan do interese do turismo para a zona; perorata sempre valeira de contido e que, polo tanto nunca xenera actuacións tanxibles Concellos da bisbarra, asociacións e colectivos e persoas a título persoal, conscientes da importancia que tal logro tería para a promoción da zona, como é sabido que ocurre con outras, colaborando coa iniciativa na que Foz, por razóns obvias, debe volcarse, e unha forma importante de facelo sería, nas súas posibilidades, xestionar e facilitar que o necesario albergue de peregrinos fose unha realidade nos primeiros meses do vindeiro ano. Esperemos que nesta ocasión se dea a armonía de vontades e que o sentido da solidaridade e a necesaria conxunción de esforzos permitan dar un significativo paso adiante.Para o vindeiro día 23 está anunciada a presencia da Directora Xeral do Patrimonio, precisamente para tratar asuntos relacionados co Camiño Norte; é de supor que cantos afectan á bisbarra os teñan estudados os respectivos concellos e que, de forma conxunta e solidaria, sexan expostos e debatidas coa alta autoridade autonómica.

Suso Fernández

Exit mobile version