Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmen Pereira, gañadora do II Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

Carmen Pereira Pérez veciña de Cartelle (Ourense), foi a gañadora do II Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “De esmagar descalza”.

O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “Nas dársenas de estio” da que é autor, Paulino Peña Pérez de Ourense.

Jacobo Llamas Martínez, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Fame nas Vértebras”. Jacobo Lamas é de Lugo.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 9 de novembro a partir das 12.00 horas da mañá segundo o seguinte programa:

12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.
13.15 horas; Actuación de César Morán.

Exit mobile version