Site icon Crónica3.com A Mariña

Centos de cidadáns manifestáronse na Mariña en contra da reforma educativa do PP

Baixo o lema “Non ao modelo educativo do PP. Érguete polo ensino público galego!” a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, desenvolveu durante as pasadas semanas na comarca da Mariñaunha intensa campaña para espallar a Folga no ensino do 24 de outubro.

Producto desta labor de sensibilización, naxornada de hoxeforoncentos as persoas que, naMariña secundaron a folga prevista e acudironásmanifestacións convocadas nasprincipaisvilas da comarca por Galiza Nova e a Asamblea polo Ensino Público esixindo o cese do desmantelamento da escola pública.

As mocidades do BNG desenvolveronnaMariña repartos do material e xuntanzas informativas cosestudantes do I.E.S. Gamallo Fierros. O responsábel comarcal, Serxio Fernández indicou que “a campaña tivounha gran acollidaxa que a mocidade está concienciada das consecuencias negativas que para o común da xente moza con ganas e intención de formarese traerá a aprobación definitiva da LOMCE, e esa boa acollidaquedou claramente patente no importante número de persoas que no día de hoxe secundaron a folga”.

Resulta evidente -engade- “a importancia da educación para o progreso social e económico de calqueracomunidade. Xa que logo, é imprescindible que todos os membros da sociedadepoidamos desfrutar do nosodereito a recibir unha educación de calidade, e ese dereito, que as Administracións Públicas están chamadas a garantir; só pode ser unharealidadena medida na que exista unha educación pública, laica, anticlasista e que acepte e respete as diferenzasculturais existentes. Iso, fronte á tendencia á privatización do ensino que farádeste un artigo de luxo nasmans de tan sóunspoucos, é o que demandamos por considerar que, todo o que saia de ahí é un retroceso insasumibel para a nosasociedade”.

Desde Galiza Nova fan un chamamento á mocidade da Mariña e anuncian que, de non rectificarse estas medidas continuarán as mobilizacións para frear o ataque do PP aoensino público, amosando así, o seurexeitamentomaioritarioás políticas educativas coas que o PP pretende acabar coensino público galego e que eliminan a igualdade de oportunidades debido á elitización da educación.

Exit mobile version