Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo retira a pasarela de Cubelas por ser na actualidade “innecesaria e inadecuada”

Cervo, 23 de outubro de 2013-O Concello de Cervo retirou a pasarela da praia de Cubelas que se atopaba situada en paralelo coa beirarrúa. Unha decisión tomada tendo en conta que nestes momentos se trata dun elemento “innecesario e inadecuado” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso. A concelleira asegura que a pasarela está constantemente exposta ás inclemencias das mareas e que isto dificulta o seu mantemento en perfectas condicións polo que tampouco resultaba segura para os peóns que transitaban por ela.

Ao mesmo tempo, este elemento foi instalado hai moitos anos, cando aínda non existía a actual beirarrúa, polo que naquel momento cumpría unha función que se perdeu coa posterior construción da beirarrúa. Tamén cabe destacar que a pasarela impedía o movemento natural das dunas, un ecosistema que é necesario protexer. Un argumento medioambiental no que tamén se basean dende ADEAC, a asociación que concede as bandeiras azuis, para recomendar a súa supresión.

A Concellería de Medio Ambiente acometeu estes traballos despois de realizar os trámites oportunos coa Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, que recentemente autorizou a retirada da pasarela. Para a edil desta área, foi unha medida “de responsabilidad que era necesario acometer”.

“Eran muchos los motivos que nos llevaban a considerar que retirar la pasarela era en la actualidad la mejor opción, pero sobre todo pensando en la seguridad de los vecinos, que es lo más importante” remata a edil.

Exit mobile version