Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro – Altair únese á limpeza do Río Bravos

O grupo de Educación no tempo libre Chao de Castro-Altair unirase á iniciativa “I Encontro pola saúde do Río Bravos”, enmarcada no “Proxecto Ríos” e coa colaboración de Adega, e que consistirá nunha inspección ao río na que buscaremos a vida que nel habita, comprobaremos a calidade da súa auga, e aprenderemos moito sobre a conservación do mesmo, de man do experto Paco Banhobre. Recomendamos esta actividade, que ten un plantexamento tremendamente relacionado co noso proxecto educativo, e animamos a tódalas familias que desexen pasar unha bonita xornada na natureza, a que se animen a participar e coñecer máis dos nosos ríos e a súa conservación. Para anotarse: 661 86 65 52 (Mari Carmen, a organizadora da xornada) ou ben se queres vir con nós: 675 077 725 (Thaís) ou 610 84 58 52 (Aitor) ou por correo: chaodecastro.altair.burela@gmail.com.

Exit mobile version