Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre os accidentes e incidentes no ámbito do fogar

A Asociación Mulleres de San Ciprián, que preside Amparo Pernas, organiza unha charla informativa titulada “Accidentes – Incidentes en el hogar” o vindeiro día 26 de outubro ás 19.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. Nesta charla expoñeranse situacións cotiás que poden xerar calquera tipo de emerxencia, así como os pasos e solucións para atallalas e minimizar os seus danos, tanto físicos coma materiais. Esta charla informativa será impartida por Mario Antuña Sariego, un experto coñecedor dos riscos ós que se enfronta a sociedade, así como dos protocolos de actuación ante os distintos tipos de accidentes que poden ocorrer no fogar. A presidenta asegura que con esta charla preténdese “alertar dos posibles riscos ó que se afrontan as mulleres, así como o seu entorno, na súa vida cotiá e ofrecer condutas sobre como actuar en caso de que se produza algún tipo de emerxencia”, agardando “que as interesadas e interesados asistan para poder solucionar mellor os accidentes ou incidentes que nos poden ocorrer no día a día”.

Exit mobile version