Site icon Crónica3.com A Mariña

Chévere presenta ‘Eurozone’ en Ribadeo

eurozoneCHÉVERE presenta Eurozone, un achegamento ao gran atraco especulativo e co referente directo de Tarantino. Queren establecer un diálogo entre a peza e Reservoir Dogs, contarlle ao público cales poden ser os paralelismos entre os personaxes da película e os principais líderes político-económicos de EUROPA, esas persoas que están decidindo desde un despacho o noso futuro. Unha obra de creación colectiva dirixida por Xesús Ron e con Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Pepe Penabade, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos e Manuel Cortés sobre o escenario. A representación será o domingo 27 ás 20.30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Prezo das entradas: 6 e 4 euros.

Exit mobile version