Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG-SAÚDE pide explicacións pola empresa de formación con enderezo social no que parece ser o domicilio do Director do 061

A CIG-Saúde vén de remitir un escrito á consellaría de Sanidade para que esta dea as explicacións pertinentes respecto da “Empresa de Simulación Médica Avanzada SL”, que segundo a información que recibiu a central sindical foi creada por unha persoa con vínculo directo co Director da Fundación Pública 061, ten o enderezo social no que parece ser o seu domicilio familiar e imparte a formación, entre outros, do propio 061.

CIG-Saúde, que está a examinar toda a documentación relativa a este asunto, entende que poderían existir incompatibilidades entre o cargo institucional que ostenta o director do 061 e a actividade empresarial. Considera que sería moi grave que se confirmara que esta empresa está efectivamente impartindo toda a formación organizada pola FEGAS, 061 e a formación continuada polas áreas de xestión integrada.

María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde, entende que é a propia conselleira quen ten que dar explicacións respecto deste asunto, toda vez que ela é a Presidenta do Padroado da Fundación Pública 061.

Exit mobile version