Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou a traballar en Burela o grupo de prevención en materia de protección e seguridade cidadá

Burela, 30 de outubro de 2013. Este mércores comezou a traballar o grupo de prevención en materia de protección e seguridade cidadá. Está formado por catro persoas que estarán operativas durante seis meses, segundo informa o equipo de goberno burelés.

O goberno municipal sinala que “o que pretendemos é cubrir a franxa horaria que vai desde as oito da mañá ata a media noite. Este grupo terá como misión fundamental, ademais de colaborar coa brigada de obras e con outros departamentos do Concello, a de atender aquelas cuestións vinculadas coa protección e coa seguridade cidadá que sexan de pouco calibre, xa que as outras incendias serán atendidas polo GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) da Mariña e tamén polos bombeiros”.

O funcionamento do grupo que hoxe inicia a súa andaina en Burela é posible “grazas a unha subvención da Xunta da 38.200 euros, que financia o 100% deste proxecto”.

Desde o equipo de goberno subliñan “a importante achega económica da Xunta en materia de emprego, no que se refire á formación. Nos vindeiros días rematará o curso de pintura que se está a impartir no noso concello, a finais de novembro concluirá o de animador turístico e a mediados de decembro o de monitor deportivo”.

Exit mobile version