Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso levará ao pleno da mancomunidade o cumprimento da sentenza do TC a respecto das Xuntas de Goberno

Compromiso por Galicia a través do Secretario Nacional de Política Municipal da organización galeguista, Iván Marrube, deu a coñecer a sentenza do Tribunal Constitucional do 26 de setembro de 2013, publicada no BOE o 23-10-2013, no que recoñece o dereito de todo cidadán e de toda cidadá a acudir ás Xuntas de Goberno Local, excluídas as grandes cidades.

Marrube presentará a sentenza os respresentantes de todos os concellos da comarca, no pleno da mancomunidade de Concellos da Mariña que se celebrará este luns día 4 no concello de Burela.

Segundo Iván Marrube, a citada sentenza “supón a maior medida en haras da transparencia nos concellos dende fai moitos anos coñecendo como funcionan a maioría de alcaldes, dubido que acepten cumprir a lei”. A sentenza permite o acceso público ás Xuntas de Goberno Local, “a todas aquelas nas que se traten asuntos delegados polo Pleno”, de igual modo que se esixe que se publiciten “datas, horarios e contidos das mesmas”. O tamén Secretario de Política Municipal apunta que Compromiso presentará unha moción nos Concellos para que os equipos de goberno “asuman de forma inmediata a sentenza do Tribunal Constitucional de 26 de setembro de 2013, e que se publiciten do debido xeito por parte do Concello as datas e horarios, así como as ordes do día para posibilitar o cumprimento da mesma”, e que así a sociedade poida exercer o dereito cidadán que ten de presenciar as Xuntas de Goberno.

Exit mobile version