Site icon Crónica3.com A Mariña

Concertos, perfomance, monólogos, encontro folclórico, charangas, teatro e microteatros nas San Lucas de Mondoñedo

Mondoñedo, 15 de outubro de 2013. A 857 edición das Feiras e Festas das San Lucas de Mondoñedo ten un amplo programa de actividades culturais, como concertos, performance, monólogos, encontro folclórico, charangas, teatro ou microteatros. Budiño, Di Elas, Andrés Suárez ou o monologuista Carlos Blanco tamén forman parte do cartel das festas.

O xoves día 17, do pregón, sobre ás 20:00 horas, a Praza da Catedral será o escenario da Performance que recreará os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela antes de ser executado na cidade de Mondoñedo. Nel haberá musica en directo e algunha sorpresa. Con esta peza a Comisión conmemora os 530 anos da morte do Mariscal. A dirección desta obra corre a cargo do dramaturgo Manuel Lourenzo e participaran actores moi coñecidos como Ruben Riós, a mariñana Estibaliz Veiga, Erika González e Xose Lois, e como director de producción o mindoniense Miguel García.

O venres día 18, a partir das 16:30 horas, a charanga mindoniense Manca na Cheda percorrera as rúas da cidade. Xa pola tarde, ás 20 horas, no Auditorio Municipal haberá microteatros. Este novo formato teatral esta basado na realización de varias pezas cunha duración aproximada de 10 minutos. Nestas obras participan Ruben Riós, Estibaliz Veiga, Erika Gonzalez e están dirixidos por Mariana Carballal e coa voz en directo de Esther Souto. Entrada de balde.

Xa ás 22 horas a praza da Catedral será o escenario dos concertos de Xose M. BUDIÑO e o grupo Di Elas que lidera o actor lucense Luis Tosar.

O sábado día 19 a partir das 17 horas comeza o Encontro Folclórico que percorreran as principais rúas da cidade, e na que participan os seguintes grupos; “Agrupación Saiñas” de Xove, “Banda de gaitas el Penedon” de Castropol, “Asociación Ancoradoira Agrupación Folclórica Culleredo”, e a “Banda de Gaitas Dambara” de Burela.

Ás 20 horas o Auditorio acolle o concerto do cantautor ferrolán Andrés Suárez, a entrada custa 5 euros e pode reservarse no telefono 608 876 123.

O domingo día 20 haberá charangas. E as 17:30 horas teatro infantil “Mercados Revoltos”, interpretado polo grupo infantil “Érase unha vez…” de Mondoñedo. A peza esta escrita e dirixida por Esther Otero.

Para rematar o programa cultural pechan as San Lucas a actuación do actor, director e monologuista Carlos Blanco. A cita e no Auditorio ás 20 horas, a entrada custa 3 euros e pode reservarse no telefono 608 876 123.

Exit mobile version