Site icon Crónica3.com A Mariña

Consello Nacional de EEG: Suxeito político galego e fronte amplo para as europeas

O Consello Nacional de Espazo Ecosocialista reuniuse este sábado 26 de outubro para abordar o debate sobre as eleccións europeas e a proposta da construción dunha alianza estratéxica da esquerda nacional.

O debate estaba precedido pola sesión realizada o pasado sábado 19 de outubro da I Conferencia Política de Espazo Ecosocialista adicada ás alianzas partidarias, converxencias sociais e novas axendas, onde participaron persoas vinculadas a procesos de construción social, representantes de movementos sociais ligados ás novas axendas e os coordinadores nacionais de Anova e Espazo e a coordinadora nacional de Esquerda Unida.

Ademais a Permanente de Espazo Ecosocialista deu conta das xuntanzas mantidas con Anova e Esquerda Unida, así como os contactos con forzas doutras partes do estado.

A este respecto o Consello Nacional aprobou por unanimidade unha resolución (axuntamos) que incide na importancia das eleccións europeas no medio dun ciclo electoral dominado pola crise sistémica, o esgotamento do armazón político-institucional saído da transición e nun contexto de padecemento por parte dos sectores máis desfavorecidos da poboación.

Espazo Ecosocialista reafirmase na dupla necesidade de que as eleccións europeas concorra un suxeito político galego, vertebrado a partir da experiencia de AGE, e á vez unha fronte ampla de forzas políticas e sociais do conxunto do estado.

Unha alianza que combine a unidade coa renovación. Nese senso “somos conscientes das circunstancias nas que se constrúe a política unitaria, sabendo das cesións que as veces toca facer, pero para Espazo Ecosocialista pasa a ser un elemento central a transparencia, a claridade do contrato social co electorado e que a candidatura saia dun refrendo das bases sociais e non de acordos cupulares.”

O Consello Nacional de Espazo Ecosocialista ratifica, pois, que vai a haber si ou si ese suxeito político galego e esa alianza estatal, que vai traballar para que este suxeito e esta alianza sexan o máis ampla posible pero que o resultado final contara co concurso do ecosocialismo galego indistintamente dunha maior ou menor amplitude.

O consello Nacional de Espazo Ecosocialista acordou trasladar á CCC de AGE a proposta de impulsar políticas de transparencia e de protocolorizar o funcionamento claro e público da Coalición.

Tamén foi informado o Consello Nacional das xuntanzas con Anova e con EU sobre a necesidade de avanzar na construción dunha esquerda nacional de carácter estratéxico, valorando positivamente a recepción por parte de EU deste proposta.

Ademais o Consello Nacional fixo un balance da situación de crecemento e madurez do proxecto ecosocialista galego e convocou a súa II Asemblea Nacional para o 22 de febreiro de 2014. (axuntase resolución aprobaba con 2 abstencións)

Para facer fronte as tarefas no período pre-asembleario acordou unha serie de acordos referidos á recomposición da Permanente, coa incorporación de Modesta Regueira á mesma.

Tamén se acordou:
– afortalar o traballo comarcal nomeando dinamizadores de apoio nas comarcas máis débiles;
– Implementar a comunicación horizontal como elementos central dunha nova forma de facer política (a comisión de comunicación elaborará unha proposta para o debate asemblear)
– asegurar o carácter horizontal e aberto na participación na elaboración política de espazo ecosocialista;
– asegurar a paridade real en tódolos órganos de dirección nacional e comarcais (incluída no marco da asemblea da elección directa pola afiliación e simpatizantes dunha Co-Coordinación paritaria)

Por último o Consello Nacional acordou unha maior implicación na recollida de sinatura a favor da iniciativa da Renda Básica Universal impulsada a nivel da UE.

Exit mobile version