O vindeiro xoves, día 24, celébrase o Día das Bibliotecas. Para celebralo, a Delegación de Xuventude do Concello de Alfoz ten programado un espectáculo para os rapaces de Educación Primaria do Concello para o venres 25 ás 15 horas. O espectáculo correrá a cargo do contacontos Ton Arenas, o cal, baixo o título de “Martín Martín”, nos ofrecerá unha historia tenra e intensa que conta como un neno entra en contacto con outra forma de facer, a da súa avoa. Valéndose dos monicreques, Ton fai protagonistas ós espectadores e á súa imaxinación, presentando ós personaxes ata case palpalos e identificando cada un deles cun obxecto. Unha historia chea de sorpresas e sensacións. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.