Site icon Crónica3.com A Mariña

Contundente vitoria do Viveiro FSF no seu debut ligueiro fronte ao Castro FSF (7-0)

Contundente vitoria do Viveiro FSF no seu debut na liga diante dun Castro de Rei novo na categoría, pero integrado por xogadoras de ampla experiencia na mesma e que o ano pasado militaban en equipos como Guntín, Rabadense e Outeiro.

O partido comezou coa presión local en todo o campo pero con desaxustes defensivos e un xogo un tanto embarullado, que si ben facía que o equipo rival apenas tivera a posesión do balón, non axudaba a chegar con claridade diante da portería do Castro.
Pero as xogadoras locais pouco a pouco foron deixando atrás os nervios do inicio e cada vez combinaban con maior precisión e facendo patente o seu mellor posicionamento no campo, chegando con claro perigo sobre a portería rival, ben defendida por Carmen, a mais destacada do Castro, que sin embargo non podía impedir que o Viveiro se fora ao descanso con un contundente 4-0 no marcador.

A segunda metade seguía polos mesmos cauces, o Viveiro presionaba e axfisiaba a saida de balón do equipo rival e apenas pasaba apuros en defensa, ante un Castro que pouco a pouco foise diluindo e apenas tiña presenza en ataque, o que permitiu ao adestrado local o dar minutos ás tres xogadoras da base convocadas para este partido, o que fixo que nos minutos finais do partido coincidiran sobre a pista as duas xogadoras infantís, Iría e Patricia, xunto coa cadete Roxanna, que incluso marcou o gol que supuña o resultado final de 7-0.

En resumo, plácido partido para o Viveiro, disputado no Antonio Tarrio diante dunha notable asistencia de público, que disfrutou co xogo do equipo local e puido ver as evolucións das cinco debutantes, as xa mencionadas Iria, Patricia e Roxana, xunto con Marta e Lorena.

Ficha técnica
Viveiro FSF: Diandra, Lorena, María, Mery e Xiana. Tamén Xogaron.: Andrea, Marta, Raquel, Goretti, Patricia, Roxanna e Iria.

Castro FSF: Carmen, Alejandra, Laura, Elena e María. Tamén xogaron.: Cristina, Sandra, Tamara, Natalia y Lucia.

Árbitro: Pablo Coello.

Goles: Xiana (2), Lorena, Mery, Marta, Goretti e Roxanna

Exit mobile version