Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de cestería en Adelán – Alfoz

As antigas escolas de Adelán – Alfoz acollerán un curso de cestería organizado polo Seminario de Estudios do Valadouro coa colaboración da Deputación de Lugo Área de Cultura e os Concellos de Alfoz e O Valadouro. O curso gratuíto estenderase dende outubro ata a decembro e desenvolverase nun horario a convir polos alumnos nunha reunión informativa. Os alumnos e alumnas deberán pagar o custe do material para o que se establece unha cota de 20 euros para os socios do SEVA e 35 para os que non sexan socios. Máis información nos teléfonos 647 570 025 e 619 38 99 97.

Exit mobile version