Dende o concello de O Valadouro vaise impartir un curso gratuíto de Monitor/a de Tempo Libre (homologado pola Xunta de Galicia) cun total de 350 horas (200 horas teóricas e 150 horas prácticas). O curso dará comezo o 1 de novembro e rematará o 26 de xaneiro de 2014. As clases realizaranse nas instalacións municipais do concello os sábados, domingos e festivos, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. As prazas son limitadas (25) e suxeitas a un rigoroso orde de inscrición. As persoas interesadas en participar no curso deberán inscribirse dende o 21 ó 31 de outubro nas oficinas municipais. Para máis información poden chamar ó teléfono 982 57 40 00.