
Dentro das actividades de outono do Concello de Cervo, a Casa da Cultura acolleu este domingo o contacontos “Un día de Outono” ofrecido por “O Rincón do Trasgo” e tamén un taller de manualidades impartido a continuación no que os nenos e nenas elaboraron curuxas con piñas dos piñeiros, iguais á curuxa protagonista do contacontos.