Site icon Crónica3.com A Mariña

Debut vitorioso da base laranxa en Nacional e Autonómica cadete

As xoias laranxas debutaron nas competicións 2013-14 con 2 vitorias, en Nacional Xuvenil e Autonómica Cadete.

Con resultado 4-1 impuxéronse os xuvenís na casa ante o Noia FS. Os cadetes tamén se fixeron cos tres puntos na Coruña, cun rifadísimo 2-3 ante o Hércules Futsaco. Os intantís, pola súa banda, sucumbiron no seu desprazamento a Lugo, fronte ao ADC Lumieira (4-1).

Entre os máis pequenos, na visita do AD Santiago de Foz, os alevíns venceron 4-3 e os benxamíns caeron 0-10.

Autonómica Cadete e Infantil serán as dúas únicas categorías da base burelista que xogarán esta fin de semana na casa. Mediranse ao Azkar Lugo o sábado, ás 12.00 e 13.30 horas respectivamente (Vista Alegre).

Liga Nacional Xuvenil
CD Burela FS: Cinco inicial, Rubén, Riveiro, Sanjurjo (1), Pancho (2) e Renato; tamén xogaron Rafa, Isi (1), Borja, Miguel e García

Noia FS: Cinco inicial, Pablo Domínguez, Rubén (1), Pablo López, Lucas e Carlos; tamén xogaron Christian, Jorge, Álex, Darío e Manuel Sandías

Árbitro: Benjamín Rivas e José Luis Naray (Delegación da Mariña)

Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS: Cinco inicial, Labayén, Mini, Mamadou (1), Jordan e Pitero (1); tamén xogaron Vilariño, Chiky, Kaká, Xosé, David, Aitor (1)

Liga Autonómica Infantil
ADC Lumieira: Cinco inicial, Lucas, Ángel, Sergio, Samuel e Adrián (4); tamén xogaron Noel, Sergio, Esteban, Uxío, Manuel e Iago

ED Burela FS: Cinco inicial, Luismi, Aarón, Sergio, Luka (1) e Rubén; tamén xogaron Diego, Domingos, Adilson, Álvaro, Aitor, José L. e Óscar

Árbitro: Ismael Gómez (Delegación de Lugo)

ED Burela FS Alevín 5-3 AD Santiago de Foz Alevín
CD Burela FS: Cinco inicial, José Carlos, Pol (1), Nico, Jorge e Pablo (1); tamén xogaron Anxo, Diego, Gustavo Henrique, Antonio, Isaac (3) e María

AD Santiago de Foz: Cinco inicial, Ricky, Balea (1), Víctor Pérez (1), Juan e Manuel; tamén xogaron Marcos, José, Víctor Rguez., Samuel, Álvaro (1), Dani e José Manuel

Árbitro: Mario Pillado

ED Burela FS Benxamín 0-10 AD Santiago de Foz Benxamín
ED Burela FS: Cinco inicial, Álex Bermúdez, Pablo, Martín, Javi e Lucas; tamén xogaron Manuel, Noel, Miguel e Álex Altamirano

AD Santiago de Foz: Cinco inicial, Yousseff, Samuel (3), Sergio (2), Pablo (1) e Manuel (2); tamén xogaron Adán, Carlos (1), Andrés (1) e Joel

Árbitro: Mario Pillado

Exit mobile version