Site icon Crónica3.com A Mariña

Economía e Industria traslada ao Concello de Cervo que está a revisar o cumprimento da normativa na instalación de contadores eléctricos

Cervo, 23 de outubro de 2013- O Concello de Cervo informa de que nos últimos días chegaron á oficina municipal de axuda ao consumidor sobre asuntos eléctricos as queixas de veciños sobre a instalación de novos contadores. En concreto, o problema está na posible colocación de contadores non homologados que se poderían están producindo nalgúns fogares cervenses.

Neste sentido, desde a Consellería de Economía e Industria xa se informou ao Concello de Cervo do coñecemento desta situación. Por este motivo, estase a revisar o cumprimento da normativa na instalación de contadores eléctricos, para o que se ten solicitado á empresa información sobre a homologación destes dispositivos.

Exit mobile version