Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecosocialistas manterá reunións para decidir a súa participación nas eleccións europeas

Espazo Ecosocialista sigue a apostar por unha candidatura aberta e plural das esquerdas estatais e nacionais para facer fronte a Troica e as políticas de axuste e aproveitar a ocasión para rachar o modelo bipartidista PP-PSOE que sustenta o réxime.

Para Espazo Ecosocialista é moi importante que nas europeas se visibilice a maioría que rexeita as políticas de recortes sociais, ataques medioambientais e recentralización que está a xestionar o Partido Popular, coa complicidade do PSOE, ao servizo dos oligopolios europeos.

Xuntanza con Anova
En todo caso Espazo Ecosocialista está a manter xuntanzas e conversas con forzas políticas galegas e doutras partes do estado para concretar esta aposta unitaria.

Este próximo xoves día 3 manterá unha xuntanza cunha delegación de Anova no que lle trasladará a súa proposta e onde insistirá en que AGE debe ser o núcleo sobre o que se vertebre o suxeito político galego non pode ser alleo ao debate.

Espazo Ecosocialista ten convocada a súa Conferencia Política Nacional sobre ‘políticas de alianzas e converxencias sociais’ para os sábados 19 e 26 de outubro, onde decidira a súa participación nas eleccións europeas.

Exit mobile version