Site icon Crónica3.com A Mariña

Emigrantes Retornados da Mariña reúnese con alcaldes e portavoces municipais de Ribadeo, Barreiros, A Pontenova e Trabada

A Mariña, 1 de outubro de 2013. A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña inicia este mércores, día 2, ás 20:00, no Salón de Plenos de Ribadeo una xuntanza cos representantes institucionais da Mariña a fin de achegarlle a súa problemática e as súas reivindicacións. A esta primeira xuntanza o colectivo convoca aos alcaldes e aos Portavoces Municipais dos Concellos de Ribadeo, Barreiros, A Pontenova e Trabada e na mesma os representantes dos afectados farán entrega dun documento coa súa análise da situación na comarca e coas súas propostas.

Segundo a Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña “a práctica totalidade dos emigrantes que nos atopamos nesta situación son por razóns alleas a nós, xa que descoñeciamos da obrigatoriedade de tributar e tampouco se nos informou da mesma, a pesar de ser de máis de 50.000 os afectados na comunidade galega dos cales a metade residen nas provincias de Lugo e Ourense e atopándose persoas nesta situación na totalidade dos Concellos da Mariña”. Son estas as motivacións, así como o interese por achegarvos a nosa problemática e alternativas as que nos levan a convocarvos e de xeito moi particular o noso convencemento da súa sensibilidade coas nosas demandas, demandas que comparten por ser a solución ao problema que se enfrontan veciños e veciñas dos seus concellos.

“Como supoño que xa coñecedes Axencia Tributaria esta a proceder a multar a todos aqueles emigrantes retornados que cobramos unha pensión de xubilación polo Estado español ademais de cobrar outra polo estado ao que emigraron aínda que non superen o mínimo legal obrigatorio para facer a declaración da renda. As multas que estamos recibindo, a día de hoxe, son aínda moi escasas pero no noso País xa chegan a 3.000 que se sitúan arredor dos 20.000 Euros, e que comezarán a chegar nos próximos meses aos emigrantes retornados fóronos impostas sen ternos informado dos cambios que se deron no modelo de tributar e sen permitirnos subsanar o erro na mesma. Non é de recibo que no marco dun mesmo Estado existan réximes fiscais diferentes en función da procedencia das rendas, isto é, que varían se está proceden dun Estado ou se estas proceden de máis dun Estado. Non hai dúbida que aos emigrantes se nos quere castigar por partida dobre, primeiro expulsándonos do noso País para poder vivir ao mesmo tempo que se aproveitaban as divisas que xerabamos e hoxe por ter que padecer a expulsión á que nos referimos”.

Xa por último, a Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña queren agora reiterar publicamente o convite a alcaldes e portavoces municipais destes Concellos como xa fixemos de xeito priva e persoal, convencidos que esta é unha loita de todos e unha loita na que temos que estar todos os unidos. Unha loita de todos porque vai máis alá dos propios afectados xa que afecta de chea a capacidade de consumo e ao nivel de vida dos veciños destes concellos.Unha loita na que temos que estar todos unidos e na que os representantes públicos, persoas escollidas cos votos de moitos afectados, teñen que estar do lado e en primeira fila ao pé dos seus veciño.

Exit mobile version