Após unha hora de feche e diante dun importante dispositivo das forzas de orde público o xerente do hospital accedeu a reunirse cunha delegación dos concentrados da que formaban parte Federico G. Estoa, Alcalde de Riotorto e primeiro rexedor insubmiso á medida gubernamental, Ana Ermida, Responsábel Comarcal do BNG e Antonio Veiga Vicepresidente da Deputación que achegaron as reivindicacións nacionalistas no sentido de demandar do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatorieade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución e instar á Xunta de Galiza a que paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario.