Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista celebra a súa Conferencia Política sobre Alianzas Partidarias, Converxencias Sociais e Novas Axendas

Este sábado 19 de outubro no Pazo Peregrina (Bertamiráns. Ames) celebrase a Conferencía Política de Espazo Ecosocialsita que abordará os temas de alianzas partidarias, converxencias sociais e novas axendas coa participación dos coordinadores de Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista que debatiran sobre a construción da esquerda nacional.

Esta Conferencia Política de Espazo Ecosocialista celebrase no marco do debate cara as eleccións europeas e toda vez que os ecosocialistas xa teñen anunciado a súa disponibilidade de participar nun suxeito político galego plural e de esquerdas no marco dunha ampla alianza de carácter estatal que aborde o rexeitamento as políticas de axuste social impulsadas pola troika e o novo porceso constituínte necesario para superar as eivas que o anterior non foi quen de resolver no democrático, no social e no plurinacional.

O programa desta conferencia na que estan inscritas xa un centenar de persoas concitará a participación de 14 ponentes:

Mesa de Debate: O Papel da cidadanía no Cambio

Relatores:

– Antón Gomez-Reino Varela Tone (membro de RDS-A Coruña)

– Guillermo Cid (membro de Ecoar-Vigo)

Palestra: Alternativas ecosocialistas en Europa
Relator/a:

– Mar García Sanz, membro do Comité do Partido Verde Europeo

Obradoiro: Novas axendas políticas*

– Novo Modelo Económico e Social Cooperativismo e FF.EE. (Ramon Carmelo Rodríguez, membro de Coop 57-Galicia)

– Novo Modelo Enerxetico (Xoán R. Doldan García, membro de Vespera de Nada)

– Novos Dereitos Sociais: Inclusión, Vivenda, Renda Basica,… (Pepa Vázquez, membro do Colectivo Encontro-Marea Laranxa)

– Novos Modelos de Consumo (Xose Lois Riveiro, activista da Campaña Roupa Limpa)

– Cultura de Paz (Manuel Dios, Presidente do SGEP)

– Laicismo (Jose Luis Iglesias, da Xunta Estatal de Europa Laica)

– Racismo e Migración (Miguel Fernandez, Coordinador do Foro da Inmigración)

– Dereitos das mulleres (Lidia Senra do SLG)

Mesa de Clausura Construíndo a esquerda nacional

Relatores:

– Yolanda Díaz ( EU)

– Martiño Noriega ( Anova)

– Xoán Hermida ( EEG)

Exit mobile version