Site icon Crónica3.com A Mariña

Espírito laranxa, xa á venda

Por fin, xa está listo! A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo vén de publicar o vídeo ‘Espírito Laranxa. Facendo Historia’, o seu recoñecemento máis especial á gran referencia do deporte na Mariña, o Burela FS Pescados Rubén da Primeira División RFEF.

O traballo audiovisual, realizado por A Caixa Escura Producións, resume con sentimento e alma o dobrete histórico, coa liga 2012-13 e a Copa de España 2013, un pequeno obsequio co que Imdecum quixo agasallar os protagonistas da xesta deportiva e deixar un testemuño para o recordo.

Se queres facerte co vídeo do dobrete podes informarte na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela). Poderá ser teu por tan só 5 euros.

Espírito Laranxa en Youtube.

Exit mobile version