Site icon Crónica3.com A Mariña

Estrea de ‘Pasado e futuro’ en Alfoz

O vindeiro venres, día 18 de outubro, ás 20 horas, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz a estrea da quinta película rodada no Instituto Alfoz-Valadouro. Trátase do filme titulado “Pasado e Futuro”, con guión dos alumnos María Areán e Adrián Rodríguez, con adaptación do profesor Pepe Peinó, que tamén a dirixe. A música corre a cargo do profesor de Música do centro, Jorge Olivera, e a fotografía a cargo de Antón Madeiro. Protagonizan o filme profesores e alumnos do instituto, así como algún outro rapaz doutros centros de Primaria próximos. Os protagonistas son Sandra Gómez, Alberto Níñez, Paz Quiroga, Andrea Cabanas, Ángel Casabella, Iván Campo, Nerea Gómez, Simeón Neira, Fe Pérez, Zaira Fernández, Dani Alonso, Susi Paz e Saray Martínez, entre outros. A duración é duns 26 minutos e a gravación fíxose durante o curso pasado dentro das actividades organizadas no Grupo de Traballo “Elaboración dun filme” patrocinado polo Centro de Formación e Recursos do profesorado de Burela.

Exit mobile version