
Volve a Exposición de Fotografía Antiga que se abriu ao público na Casa da Cultura do Concello do Valadouro co motivo da organización do Dia do Mercado de Primavera. Os fondos reunidos, que van dende principios do século XX ata os anos 70, atrapan no tempo imáxenes festivas, celebracións relixiosas, reunións de familiares, amigos ou tarefas do campo. A gran cantidade de orixinais recibidos despois de pechado o primeiro prazo animounos a volver a exhibir os fondos doados, polo seu valor histórico e documental. Corenta fotografías estarán expostas ao público no vestíbulo da Casa da Cultura ata finais de ano en horario de mañá e tarde.