Site icon Crónica3.com A Mariña

Festival de goles en Vista Alegre

celebracion_valliranaO Burela Pescados Rubén golea con facilidade (7-0) ao AE Vallirana, colista da categoría, e comparte liderado co Atlético de Madrid con 16 puntos. O encontro confirmou a diferenza entre ambas escuadras. O Vallirana, debutante na categoría, encaixou no primeiro minuto o 1-0, marcado por Peque. O dominio laranxa era indiscutible pero o segundo tanto resistíase, as catalás desperdiciaron unha gran ocasión a porta baleira e acto seguido chegou o 2-0, tamén materializado por Peque. Con este resultado chegouse ao intermedio e na segunda parte, o primeiro minuto liquidou calquera atisbo de sorpresa. Bea Mateos e Maite sentenciaron o duelo situando o 4-0 que deixou sen reacción ás visitantes. A única emoción era saber o resultado final e a contundente vitoria por 7-0 completouse cos goles de Maite, Claudia e Lara.

Fundación Deporte Galego
O encontro entre galegas e catalás, correspondente á sexta xornada da Primeira División, foi presenciado no palco de Vista Alegre polo Gerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico.

Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Patri, Bea Mateos, Peque, Maite, Lidia –cinco inicial- Lara, Claudia, Jozi, Silvia, Cristina.

AE Vallirana: Judith, Mire, Clara, Cani, Carlins –cinco inicial- María, Marlins, Nere, Xeni, Sutton.

Goles: 1-0, m.1, Peque; 2-0, m.14, Peque; 3-0, m.21, Bea Mateos; 4-0, m.21, Maite; 5-0, m.23, Maite; 6-0, m.30, Claudia; 7-0, m.38, Lara.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.

Exit mobile version