Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana Love Story no Vila do Val

O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, organiza esta fin de semana Love Story, que inclúe cea especial á luz das candeas este sábado e aloxamento (en habitación superior con decoración especial, detalle de benvida, xantar buffet e saída ás dúas da tarde do domingo) para que as parellas revivan a súa historia de amor. Todo iso por 65 euros, IVA incluído. O menú da cea está composto por tosta de pementos de piquillo recheos, pasta nido con lagostinos en salsa americana, escalopíns ao oporto con guarnición de setas e crepes flameadas. Tamén inclúe viño rosado Gran Feudo, auga e pan. As reservas poden realizarse no propio hotel Vila do Val ou chamando ao teléfono 982 57 16 53.

Exit mobile version