Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia Sub-19 comeza a súa preparación cos laranxas Hélder e Renato

helder-bfsb-13A Selección Galega Sub-19 comezará a vindeira semana a súa preparación de cara ao Campionato de España con representación laranxa. Os xuvenís Hélder Gonsalves e Renato Lopes participarán na primeira sesión do combinado o luns 28 no pavillón compostelán de Santa Isabel (19.00 horas).

Xunto aos xogadores do Burela FS Pescados Rubén, o seleccionador Ramón Francisco Barreiro tamén convocou a Alejandro López e Ángel López, do IES Coruxo; Aarón Dacosa, do Carballiño FS; Ismael Vázquez, do Vilalba FS; Alberto Fernández, Gabriel Capelo, Samuel Fernández e Adrián Torres, do Santiago Futsal; Pablo Arcas, Óscar López, Juan Cruz Caropi e Xián Seoane, do 5Coruña FS; e Martín Rodríguez, do Barval FS.

Exit mobile version