O vindeiro 20 de outubro a asociación de sendeirismo “Paso Miúdo” participará no II Encontro Astur – Galaico que se celebrará en Luarca (Asturias) organizado polo grupo Estoupo. A saída será as 8:00 da mañá dende a Casa da Cultura de O Valadouro. Os prezos para este evento son: 12€ socios 15€ non socios e 6€ nenos menores de 12 anos (no que só se inclúe o autobús). Os interesados poden anotarse ata o día 17 nos teléfonos: 982 574 741 e 982 575 127 ou a través de pasomiudo@gmail.com.