Site icon Crónica3.com A Mariña

Imdecum abre a inscrición para a liga prebenxamín da Mariña de fútbol sala 2013-14

A Fundacion Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña xa abriu a inscrición, de carácter gratuíto, para a Liga Prebenxamín da Mariña de Fútbol Sala 2013-14. A competición estará rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala a través da súa Delegación en Lugo, coa organización de Imdecum, e disporá de dúas categorías, Prebenxamín 1 (nacidos/as en 2006) e Prebenxamín 2 (2007-2008).

O prazo estará aberto ata o mércores 30 de outubro de 2013, día no que deben de estar confirmados todos os equipos participantes. Unha vez que todos os equipos estean confirmados, faranse públicos os calendarios da competición.

Os clubs e/ou escolas interesados en participar poden recibir máis información a través de contacto@fundacionimdecum.org ou a través do número de teléfono 982888610.

Exit mobile version