Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes de Alfoz propoñen investir o diñeiro da comida anual da terceira idade en sufragar os custes do comedor escolar

Dende os independentes de Alfoz imos presentar unha iniciativa para que o diñeiro que se invirte anualmente na comida da terceira idade se use para sufragar os custes do comedor escolar do colexio de Alfoz.

“Resulta totalmente sangrante as situacións que se están a dar hoxe en día, atopámonos con familias as cales lles resulta moi custoso, en moito casos inasumible afrontar os gastos do comedor escolar para os seus fillos, especialmente no rural, ao tempo que vemos que nos mesmos concellos dente institucións públicas se está a gastar o diñeiro público en comidas para a celebración de festas, tan só con fins electorais”.

“Polo que dende IpV propoñemos que o diñeiro que se está a invertir nun evento festivo deste tipo, que para nada é de primeira necesidade, se traslade para sufragar parte do custo derivado do servizo de comedor escolar do colexio de Alfoz”.

“Pedimos algo moi razoable, que o diñeiro que se emprega en facerlle unha festa a terceira idade, algo que non é de primeira necesidade, se use para axudarlle as familias co custe do comedor escolar, que tantos problemas lles está ocasionado hoxe en día debido ó elevado incremento de custo”.

Son situacións moi serias que ocasionan graves problemas económicos en moitas familias, non é de recibo que se invirta diñeiro publico en festas para os avós, mentres se tenta facer negocio coa prestación de comedor ós netos, máis tendo en conta que a xunta cobra 4,5 euros por un servizo que lle custa 2,5.

Dende as institucións véndenlle a sociedade a milonga de que non hai cartos, mentres quen o di se dedica a despilfarralos, se o diñeiro público se usara con criterios de sentido común, a sociedade tería resoltos moitas problemáticas actuais.

Os concelleiros independentes de Alfoz Andrés Vidal e Iván Marrube, ademais membro da executiva de Compromiso por Galicia, non acudirán á mencionada festa en sinal de protesta.

Exit mobile version