Site icon Crónica3.com A Mariña

IpV apoia os enfermos crónicos en Alfoz

A agrupación veciñal IpV, presentará unha moción para tratar no vindeiro pleno ordinario, na que se solicita que o concello asuma o gasto que o copago famacéutico lle ocasiona as persoas con enfermidades crónicas.

Cada medida tomada polo goberno central, e o asentimento e colaboración do goberno autonómico galego están a desbaratar un dos logros máis importantes da construción do estado de benestar: a sanidade pública, gratuíta e universal.

A última das decisións é a implantación do copago farmacéutico de dispensación hospitalaria, afectando e penalizando ás persoas enfermas e de menor poder adquisitivo, acabando coa necesaria solidaridade e equidade do sistema sanitario público. Ademais, con esta nova imposición non se cumpre co obxectivo que di plantexarse, xa que por un lado supón un escaso aforro público, que a Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH) cifra nun 0,1% a nivel estatal da factura do gasto de farmacia hospitalaria; e por outro lado, trátase de medicamentos que están suxeitos a estritas indicacións en graves patoloxías, o que fai absurda a súa implantación, e por tanto, carecente de sentido recadatorio.

No BOE recóllense pouco máis de 50 medicamentos, entre os que se inclúen fármacos para retrasar a progresión do cancro de mama avanzado como o ‘Afinitor’ ou o Tyverb’, para tratar o cancro de ril avanzado ou estendido a outros órganos como o ‘Votrient’; ou para o tratamento de tumores cerebrais como o ‘Temodal’. Ademais, outros tantos fármacos prescritos para a leucemia mieloide crónica, ou tratamento de tumores e/ou metástasicos, para artrite reumatoide, hepatite C crónica, entre outros.

Varias autonomías xa mostraron a súa negativa a poñer en marcha a orde: Asturias, Aragón, Comunidade Valenciana e Extremadura uníronse ao País Vasco, Castela-León, Canarias e Andalucía anunciando que non implementarían o novo copago.

Así, é necesario e prioritario dende a institución máis próxima aos cidadáns e cidadás, os concellos, que non permitan que os enfermos crónicos queden desasistidos do tratamento axeitado por cuestión económica e garantir o pago destes medicamentos.

Por todo o exposto dende IpV imos propor os seguintes acordos na sesión plenaria:

1. Dotación dun fondo económico de emerxencia no concello que asuma o custe dos medicamentos dos veciños e veciñas afectadas con enfermidades crónicas.

2. Pedir ao goberno da Xunta de Galicia que paralice a resolución do 10 de setembro sobre o copago dos medicamentos de dispensación hospitalaria.

Exit mobile version