A edición deste ano percorrerá pistas e sendeiros por unha das zonas máis bonitas dos nosos bosques. Un percorrido moi completo cunha forte suba, unha baixada espectacular e unha zona de sendeiros por preciosas paraxes (parque da Fraga Vella).
O prazo de inscrición rematan este mércores 30 de outubro rexistrándose xa máis de 100 inscritos en http://www.championchipnorte.com/evento/detalle/page/3/id/39/iv-rota-btt-rei-cintolo.
Premios
Haberá trofeos para o ciclista de menor e maior idade, o de máis lonxe e para o club máis numeroso. E os tres primeiros que percorran a ruta en menos tempo, terán uns obsequios donados polos patrocinadores.
Nestes últimos días de preparativos, agradecen “o patrocinio de Frutas Hnos Rivas que nos agasallará a degustar as súas froitas nos avitullamientos e a colaboración de Protección Civil de Mondoñedo que prestan os seus servizos. Pero tamén queremos agradecer ao resto dos patrocinadores, que desde un primeiro momento nos tiveron apoiando na IV Rota BTT Rei Cintolo: Aluminios Basanta, O Porriño, Giordana, Rudy Project, Santalla Motor, Pilla Bikes, Caixa Rural, Peixes e Mariscos Mondoñedo, Coca cola e Cerezo Bike, así como a colaboración prestada polos Concellos de Lourenzá e de Mondoñedo”.
Terra de Cambre
Noutra orde de asuntos, a sección de ciclismo das E.D. Lourenzá sigue competindo case todas as fins de semana. A pasada semana estiveron no Roteiro de Cambre “Terra das Mariñas” onde participaron Moncho, Longarela, Isabel e Javier Peixe onde destacou a fenomenal actuación destes catro integrantes entrando entre os 50 primeiros da xeral, sendo o máis destacado Javier no posto 9º.